Posta en marcha do programa Depofroitos

25/02/2020
O Programa "Depofroitos" ten como obxectivo xeral impulsar as producións de froitos do bosque de calidade en terreos de cultivo abandoados con manexo ecolóxico.

Está destinado a persoas empregadas ou desempregadas inscritas como demandantes de emprego e a través dunha experiencia innovadora de formación e acompañamento.

Profundarase especialmente en como emprender no sector dos froitos do bosque, fomentando a creación de ideas que promovan o desenvolvemento sustentable en zonas despoboadas e rurais, que ofrezan solucións creativas e innovadoras aos retos socio-ambientais actuais e opcións sustentables de usos e prácticas que melloren a relación do ser humano co planeta, así como facilitar a comercialización das producións e crear unha agrupación comercial de froitos do bosque.

Podes obter mais información nos teléfonos 886 210 725 Ext. 40734 ou en depofroitos@depo.es.

    
          
AnteriorIr ao listadoSeguinte