Cursos Plan Actívate 2011
A Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello do Porriño informan que está aberta a inscrición para a oferta formativa correspondente ao "Plan Actívate 2011". Estes Cursos están destinados a personas con idades comprendidas entre os de 16 a 35 anos. Aquelas persoas que non cumpran o requisito de idade, pasarán a formar parte da lista de agarda que será utilizada no caso de que houbese prazas vacantes.
Accións formativas:
COIDADO DE PERSOAS MAIORES NO FOGAR
PRIMEIROS AUXILIOS
Información e inscricións:
OMIX do Concello do Porriño
Centro Cultural Municipal
Domingo Bueno, 9
Tlf: 986 337 624
omix@centroculturalporrino.com
De luns a venres de 09:00h ata 21:00h
No momento da solicitude teñen que entregar certificado de empadroamento e fotocopia de demandante de emprego se a tivesen
Prazo máximo de presentación de solicitudes 6 de xullo do 2011, ás 14:00 h.