II Plan de Funcionamento e Conservación de bens e servizos municipais 2015 da Deputación de Pontevedra

15/10/2015
A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello do Porriño unha subvención para a contratación de 30 persoas desempregadas ao abeiro do II Plan de Funcionamento e Conservación de bens e servizos municipais 2015.
As categorías seleccionadas serán:
As categorías seleccionadas serán:
- Dous Orientadores/as Laborais
- Un Técnico de Marketing
- Un auxiliar administrativo
- Un técnico informático
- Dous oficiais de albanelería
- Seis peóns de albanelería
- Un oficial de carpintería
- Un oficial de fontanería
- Un oficial electricista
- Un oficial de obra pública
- Tres peóns de obra pública
- Un tractorista
- Un oficial de xardinería
- Catro peóns de xardinería
- Un biólogo
- Un xeógrafo
- Dous animadores/as socioculturais
A selección farase a través do Servizo Público de Emprego de Galicia entre persoas desempregadas non perceptoras de prestacións, ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantizar os recursos económicos mínimos de subsistencia.