• Inicio
  • Novas
  • Axudas para o autoemprego colectivo das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Axudas para o autoemprego colectivo das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

27/08/2015
 TR807G - Axudas para o autoemprego colectivo das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Programa I: incorporación a cooperativas e sociedades laboráis.

Beneficiarias
Poderán acollerse ás subvencións previstas neste programa as sociedades cooperativas galegas inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia e as sociedades laborais inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais dependente da Xunta de Galicia e no Rexistro Mercantil que incorporen mozos ou mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil como persoas socias traballadoras ou de traballo.
- Subvención para incorporación
Pola incorporación como socios e socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido: 12.000 € por mozo ou moza incorporada, ata un máximo de 48.000 euros por entidade beneficiaria.
Se a cooperativa ou sociedade laboral é de nova creación, a contía da subvención por persoa incorporada será de 15.000 €, ata un máximo de 60.000 € por entidade beneficiaria
- Subvención para microcrédito
Pola incorporación como socios e socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido: 12.000 € por mozo ou moza incorporada, ata un máximo de 48.000 euros por entidade beneficiaria.
Se a cooperativa ou sociedade laboral é de nova creación, a contía da subvención por persoa incorporada será de 15.000 €, ata un máximo de 60.000 € por entidade beneficiaria

II: Programa de Fomento do Emprendemento

Beneficiarias
Poderán acollerse ás subvencións previstas neste programa as mozas e mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen a unha cooperativa en condición de socios, con compromiso de exclusividade para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen.
-Subvención para acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas
As persoas ás que se refire o artigo anterior poderán acceder ás subvencións para o inicio de actividade, cunha contía de 3.000 € por persoa beneficiaria.
-Subvención para microcréditos
As persoas ás que se refire o artigo 31 desta orde poderán acceder a unha subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos bancarios ata o 100 % do seu custo, cun máximo de 2.000 € por solicitude

O período de execución de accións abranguerá desde o 1 de xaneiro de 2015 ata o 14 de novembro de 2015

O prazo remata o 30 de setembro de 2015

+ información
-Incorporación a cooperativas e sociedades laborais
-Fomento emprendemento
AnteriorIr ao listadoSeguinte