CONVOCATORIA DE 198 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

22/12/2014
Publicado o día 22/12/2014 no BOPPO nº 246 as bases da convocatoria de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e en Concellos da provincia de Pontevedra destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.
Son requisitos, entre outros, os seguintes:
Son requisitos, entre outros, os seguintes:
- Estar en posesión do títulos esixido no Anexo I das bases, con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007
- Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade ao 1 de xuño do ano 2014 ou acreditar unha antigüidade no padrón dun mínimo de cinco anos
- Estar inscrito no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego
- Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos.
O prazo de presentación de solicitudes: ata o 11/01/2015.
Máis información: www.depo.es ou no tfno. 986 804 100
Bases da convocatoria
Solicitude