• Inicio
  • Novas
  • ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA FORMACIÓN PRÁCTICA NO MARCO DO PROXECTO aQuelando3 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA FORMACIÓN PRÁCTICA NO MARCO DO PROXECTO aQuelando3 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

14/05/2014
O luns 12 de maio de 2014 publicouse no BOPDEPO a modificación das bases reguladoras das accións formativas do proxecto aQuelando 3.
 
 

A Deputación de Pontevedra, a través do proxecto de inserción sociolaboral aQuelando3 cofinanciado polo FSE, oferta 40 prazas para a realización de 300 horas de formación práctica nas seguintes especialidades formativas:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
  • Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais
  • Dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil 

As prácticas terán una duración de 300 h, a participación é gratuita e as persoas participantes poderán ter dereito a percibir unha beca de formación.

Requisitos das persoas beneficiarias:
  • Estar inscrito como demandante de Emprego nas oficinas do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia)
  • Estar empadroado nalgún concello da provincia de Pontevedra (a excepción das persoas empadroadas nos de Vigo e Pontevedra, por ter estos concellos proxectos propios)
  • Ter formación reglada ou ocupacional, de polo menos 300 h teóricas relacionadas coas especialidades formativas nas que se queren realizar as prácticas, no caso de "Atención sociosanitaria a persoas no domicilio", "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociales" e " Dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil "
  • Ter formación reglada ou ocupacional, de polo menos 200 h teóricas relacionadas con as especialidades formativas nas que se queren realizar as prácticas, no caso de "Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais"

Presentación de solicitudes: do 15 ao 30 de maio de 2014.

Lugar de presentación de solicitudes:
  • No Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra
  • A través da páxina web da Deputación de Pontevedra http://www.depo.es/web/edepo/aquelando-iii/formacion-practica
  • Por correo electrónico a: aquelando@depo.es
AnteriorIr ao listadoSeguinte