PLAN DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS - DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

13/08/2013
A Deputación de Pontevedra ven de publicar no BOP nº150, de 7 de agosto de 2013, o II Plan de Práctica Laboral en Empresas para mozos Titulados Universitarios e de Formación Profesional, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado laboral.
Convocanse a través do mesmo 400 bolsas de prácticas dunha cuantía de 800 €/mensuais aboadas integramente pola Deputación Provincial, durante un período de seis meses prorrogables por outros seis. As empresas participantes neste programa deberán comprometerse a facilitar a realización da práctica mediante a elaboración dun programa formativo que permita o becario exercer as competencias propias da súa titulación facilitando a súa posterior empregabilidade.
As empresas interesadas en participar no desenvolvemento deste programa, deberán presentar a súa solicitude antes do 11 de setembro de 2013.
Bases da Convocatoria
Publicación da Ampliación do Prazo de Presentación de Solicitudes