Convocánse as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

06/02/2013
Resolución do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Condicións das persoas aspirantes:
Condicións das persoas aspirantes:
- Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2013.
- Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
- Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2012/13.
- Centro EPA Río Lérez, Pontevedra
- Centro EPA Berbés, Vigo