• Inicio
  • Novas
  • Xornadas sobre Discapacidade e Integración no rural en Mos

Xornadas sobre Discapacidade e Integración no rural en Mos

20/09/2012
Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV - Baixo Miño
A Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural MAIV - Baixo Miño, coa colaboración do Concello de Mos e a Deputación de Pontevedra, están a organizar unha Xornada de Debate sobre o tema "Discapacidade e Integración no Medio Rural", que terá lugar o vindeiro 22 de setembro de 2012, no Multiusos " As Pozas" de Mos.

O obxectivo de esta interesante reunión é a reflexión e posta en común sobre a problemática que afecta ao colectivo de persoas con discapacidade no rural galego, centrado en tres puntos básicos: as oportunidades de acceso ao emprego para as persoas con discapacidade, os centros de servizos especificos os discapacitados e as barreiras para a mobilidade e a accesibilidade coas que se atopa diariamente este colectivo.

A información sobre as xornadas e os boletíns de inscripción están colgados na web www.agdr18.org ou no facebook agdr18.
AnteriorIr ao listadoSeguinte