Camareiro de Sala

22/06/2012
Programa Aula Concello
A Concellaría de Emprego e Formación informa que o vindeiro luns día 25 de xuño dará comezo o Curso Práctico de Camareiro de Sala. Formación previa á incorporación en prácticas laborais, dun grupo de dez ususarios que previamente teñen formación ou experiencia como camareiros en Bar ou Restaurante. Trala realización desta Acción Formativa, se incorporarán a un programa práctico laboral en varios Hoteis de tres ou catro estrelas da zona, nos que se está a formalizar o convenio para a súa incorporación.
 
Todos os Cursos pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún en concreto e todavía non pertence ao Sevizo, non o dubide e achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro deTorneiros, e lle informaremos de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.
AnteriorIr ao listadoSeguinte