Cloud Computing: Servizos na nube

18/06/2012
Programa Aula Concello
A Concellería de Emprego e Formación informa que o vindeiro martes día 26 de xuño dará comezo o Curso de Cloud Computing: Servizos na nube. Esta acción formativa ten por obxecto iniciar aos usuarios/as da Bolsa de Emprego no manexo dunha infraestrutura tenolóxica onde almacenar archivos e datos aos que poderán acceder a través de internet, dependendo cada vez menos dunha ubicación física para o traballo.
Todos os Cursos pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios/as da Bolsa de Emprego, se está interesado/a nalgún en concreto e ainda non pertence ao servizo, achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro de Torneiros, e informarémolo de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a oficina e actualice os seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.