Clases de Conversa en Inglés

11/05/2012
Programa Aula Concello
A Concellería de Emprego e Formación informa da posta en marcha dunha nova acción formativa encamiñada a mellorar a capacidade de fala en Lingua Inglesa, daqueles ususarios que a necesiten para o seu posto de traballo, ou que procuren, ofertas de emprego onde se requira o coñecemento e utilización do Inglés para o desenvolvemento dese posto.
As CLASES DE CONVERSA EN INGLÉS, están dirixidas para usuarios que desexen practicar a fala do idimoa británico, nun formato totalmente práctico e acompañados dunha docente bilingüe. O Obxetivo é a mellora da súa fala, comprensión e expresión. Así como, pór en común as súas necesidades e traballar de modo individual e participativo en pequenos grupos.
As persoas interesadas poden achegarse a Oficina Municipal de Emprego no Multicentro de Torneiros para solicitar máis información, e anotarse nos distintos grupos que van formar parte desta Acción Formativa, dependendo do seu nivel de coñecemento do idioma.

Todas as Accións Formativas pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún en concreto e todavía non pertence ao Sevizo, non o dubide e achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro de Torneiros, e lle informaremos de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.