• Inicio
  • Novas
  • Prevención de Riscos Laborais Específicos: Encofrador, Ferrallista,etc.

Prevención de Riscos Laborais Específicos: Encofrador, Ferrallista,etc.

08/05/2012
Programa Aula Concello
A Concellería de Emprego e Formación informa que se vai celebrar varias edicións de Cursos de Prevención de Riscos Laborais específicos por Oficios do Sector da Construcción, agrupados en dúas especialidades: Albanel-Alicatador e Encofrador-Ferrallista. Todas aquelas persoas que desexen participar na selección de participantes deberán posuír o Curso básico de Prevención de Riscos Laborais da Construcción, de 50 horas como mínimo.

Acuda a Oficina Municipal de Emprego, no Multicentro de Toreniros, e no momento de solicitar a inscrición, presente o correspondente Título acreditativo de PRL básico.
As accións formativas previstas son:
 
PRL SOLADOS E ALICATADOS-ALBANEL (18-22/05/2012) e  (04-07/06/12)
PRL ENCOFRADOR-FERRALLISTA (23-25/05/2012) e (07-11/06/12)
 

Todos os Cursos pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún en concreto e todavía non pertence ao Sevizo, non o dubide e achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro de Torneiros, e lle informaremos de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.
AnteriorIr ao listadoSeguinte