Ofertas de emprego

PORREMPREGO O Porriño
Nº de postos: 1 24/01/2024
Búscase un/unha mecánico/a de vehículos para realizar tarefas de mantemento e reparación de vehículos, revisión e posta a punto da flota, etc. Data de incorporación: 02/02/2024. Incorporación con contrato temporal a través de ETT para despois pasar á plantilla da empresa. Salario: segundo o convenio do sector metal da provincia de Pontevedra. Xornada laboral partida, de 9:00 a 13:00 horas e de 15:00 a 19:00 horas de luns a venres. Titulación esixida: Ciclo Medio ou Superior de Mecánica. Experiencia laboral mínima de 2 anos como mecánico/a de vehículos. Outros requisitos: carné de conducir e vehículo propio.
PORREMPREGO Vigo
Nº de postos: 1 17/01/2024
Búscase un/unha peón/peoa de mantemento xeral para realizar tarefas de soldadura, electricidade, mecánica, pintura, etc. nunha empresa de Vigo. Tipo de contrato: temporal por circunstancias da produción. Horario: 8.00-17.00 horas. Titulación esixida: ESO. Experiencia laboral requirida: 1 ano. Outros requisitos: carné de conducir.
PORREMPREGO Mos
Nº de postos: 1 17/01/2024
Búscase técnica de educación infantil con B1 en Inglés, para incorporación inmediata e contrato indefinido, con horario continuo de 13:30 a 17:30h.
PORREMPREGO O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Substitución de baixa 20/11/2023
Búscase un/unha cociñeiro/a para traballar nunha escola infantil, facendo a comida a nenos/as de 0 a 3 anos. Data de incorporación: inmediata. Tipo de contrato: substitución de baixa. Xornada laboral: continua, con horario de 10.30 a 14.30 (4 horas diarias). É ncesario ter coñecementos en alérxenos.
1......567