Tarxeta especial para persoas desempregadas.
O CONCELLO DO PORRIÑO EXPEDIRÁ DENDE A SEMANA PRÓXIMA UNHA TARXETA ESPECIAL PARA AS PERSOAS DESEMPREGADAS
Trátase dunha tarxeta de paro similar á utilizada polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) para que os desempregados porriñeses incluídos na Bolsa Porremprego teñan a obrigación igualmente de renovala co obxectivo de que a Administración local dispoña de datos actualizados e, consecuentemente, optimice os recursos existentes.
Desta forma, todas as persoas desempregadas de Porriño poderán beneficiarse das múltiples accións formativas postas en marcha ao longo do ano ou ben, ser receptoras dalgunha das máis de 100 ofertas de traballo tramitadas cada mes pola Concellaría de Emprego e Formación.
Será a partir xa da semana próxima cando entre en funcionamento a nova tarxeta Porremprego dirixida a todas aquelas persoas desempregadas de Porriño, integrantes da Bolsa Porremprego.
A Concellaría de Emprego e Formación do Concello do Porriño, que dirixe M. Alejandro Lorenzo, expedirá esta tarxeta a través da cal o usuario, entre outras vantaxes, poderá beneficiarse de todas as accións formativas postas en marcha ao longo do ano ou ser o receptor dalgunha das máis de 100 ofertas de traballo tramitadas mensualmente. "Para ser receptores destes servizos é obrigatorio estar anotado na Bolsa Porremprego, pois non basta con formar parte das listas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE - antigo INEM-) senón que é requisito imprescindible estar integrado en Porremprego", explica Lorenzo.
A iniciativa de crear esta tarxeta parte da necesidade de actualizar gradualmente a base de datos da Bolsa Porremprego "co obxectivo de lograr que coincidan as cifras dos porriñeses que figuran en lista do paro emitida polo SEPE cos porriñeses que forman parte desta bolsa municipal", sinala o edil referíndose a que, "a día de hoxe, hai moitas persoas dentro da Bolsa que xa están empregadas e outras que están sen traballo e en cambio non figuran nela. Xa fixemos diversos labores para ir actualizando a base de datos, pero é complicado e demórase no tempo. Desta maneira, ao longo dos próximos meses ao ir vindo un a un a facer e a renovar o cartón, iremos renovando paulatinamente a información na ficha de cada persoa", subliña.
O sistema é similar ao do Servizo Público de Emprego Estatal, consistente na implantación dunha tarxeta especial que debe renovarse cada tres meses, ben a través da web www.porremprego.org ou presencialmente nas dependencias desta Concellaría no Multicentro de Torneiros, onde tamén se sitúan as oficinas do SEPE.
Coa inmediata posta en marcha deste plantexamento prevese que a principios do próximo ano a Bolsa Porremprego estea actualizada ao cen por cen, beneficiándose dos servizos a ela adherentes todas as persoas desempregadas empadroadas en Porriño.
pdf Tarjeta