Convocatoria da oitava edición dos Cursos de Español para a Preparación do DELE A2 do MCER, expedido polo Instituto Cervantes, en nome do Ministerio de Educación e Formación Profesional, co propósito de obter a nacionalidade española.
As persoas destinatarias desta convocatoria son inmigrantes que reúnan os seguintes requisitos:
• Atoparse en situación regular en España
• Ser maiores de 16 anos
• Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra
• Saber ler e escribir
• Ter coñecementos básicos da lingua española (o nivel do curso será o A2 do MCER)
• Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2
O prazo de inscrición comezará o 1 de marzo de 2024 e rematará o 15 de marzo de 2024.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Para a presentación das solicitudes, a Sede electrónica admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal.
Bases:
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/02/27/2024011555
3.1. Ofértanse tres (3) edicións de ata sesenta (60) prazas, cun máximo de vinte (20) alumnas e alumnos por curso, segundo o correspondente a cada edición.
Primeira edición: Vigo |
Datas: do 20 de maio ao 5 de xuño de 2024 Lugar: o que determine a Deputación Número de horas: 40 Días: de luns a venres Horario: pendente de determinar; poderá ser pola mañá, de 10 a 13 horas, ou pola tarde, de 16 a 19 horas Número máximo de persoas participantes: 20 |
Segunda edición: Pontevedra |
Datas: do 20 de maio ao 5 de xuño de 2024 Lugar: o que determine a Deputación Número de horas: 40 Días: de luns a venres Horario: pendente de determinar; poderá ser pola mañá, de 10 a 13 horas, ou pola tarde, de 16 a 19 horas Número máximo de persoas participantes: 20 |
Terceira edición: Vilagarcía de Arousa |
Datas: do 10 ao 26 de xuño de 2024 Lugar: o que determine a Deputación Número de horas: 40 Días: de luns a venres Horario: pendente de determinar; poderá ser pola mañá, de 10 a 13 horas, ou pola tarde, de 16 a 19 horas Número máximo de persoas participantes: 20 |