PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES VVX
A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación e/ou de explotación para os casos das mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual, e mais a tentar axudalas a romper coa situación de violencia, dominación e/ou explotación, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo e/ou están sendo explotadas.
O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2024.
Máis información :
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240102/AnuncioG0656-151223-0001_gl.html