Convocatoria de 14 bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia
1. O obxectivo das bolsas é fomentar o perfeccionamento profesional das persoas bolseiras mediante a realización de prácticas formativas nas oficinas de turismo dependentes da Axencia de Turismo de Galicia con suxeición ás indicacións do/da titor/a que lle será asignado/a ao comezo das súas prácticas.
2. As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
3. As bolsas serán indivisibles e improrrogables e a súa percepción é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institucións ou entes públicos, así como con soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria da persoa interesada e coa percepción da prestación por desemprego.
4. O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2024 cunha duración máxima de 6 meses, contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira que será, previsiblemente, o 1 de maio de 2024.
5. Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Nacionalidade: ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea.
b) Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, dalgún dos seguintes títulos: grao en turismo; técnico superior en guía, información e asistencia turísticas; técnico superior en axencias de viaxes e xestión de eventos. Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2019.
c) Idiomas:
c.1) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
c.2) Inglés: deberase achegar certificado B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas ou superior, ou acreditación oficial de nivel equivalente ao B1 ou superior. De consideralo necesario, a Comisión de Valoración poderá realizar unha proba oral para a comprobación do nivel de idioma.
6. En ningún caso poderán ser persoas beneficiarias desta bolsa aquelas persoas solicitantes que fosen adxudicatarias dela en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídas da convocatoria aquelas persoas solicitantes que fosen adxudicatarias das bolsas en edicións anteriores e que renunciasen a elas durante o seu desenvolvemento.
7. As persoas beneficiarias non poderán gozar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego ou a renda activa de inserción para persoas desempregadas.
8. As persoas beneficiarias non poderán ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
O obxectivo das bolsas é fomentar o perfeccionamento profesional das persoas bolseiras mediante a realización de prácticas formativas nas oficinas de turismo dependentes da Axencia de Turismo de Galicia con suxeición ás indicacións do/da titor/a que lle será asignado/a ao comezo das súas prácticas.
As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
As bolsas serán indivisibles e improrrogables e a súa percepción é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institucións ou entes públicos, así como con soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria da persoa interesada e coa percepción da prestación por desemprego.
9. O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2024 cunha duración máxima de 6 meses, contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira que será, previsiblemente, o 1 de maio de 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Área de destino | Nº de bolsas | Dotación euros por bolseiro/a | Total |
Oficina de Turismo da Coruña | 2 | 6.000,00 € | 12.000,00 € |
Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (rúa do Vilar) | 2 | 6.000,00 € | 12.000,00 € |
Oficina de Turismo de Santiago de Compstela (rúa Carretas) | 2 | 6.000,00 € | 12.000,00 € |
Oficina de Turismo de Lugo | 2 | 6.000,00 € | 12.000,00 € |
Oficina de Turismo de Ourense | 2 | 6.000,00 € | 12.000,00 € |
Oficina de Turismo de Pontevedra | 2 | 6.000,00 € | 12.000,00 € |
Oficina de Turismo de Vigo | 2 | 6.000,00 € | 12.000,00 € |
Avaliación e selección das solicitudes
1. Para a concesión das bolsas realizarase unha comparación entre as solicitudes presentadas e establecerase unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración que se determinan a seguir:
• Baremo de méritos: ata un máximo de 80 puntos.
• Entrevista persoal: ata un máximo de 20 puntos.
2. As persoas adxudicatarias serán as que acaden unha maior puntuación como consecuencia da suma dos puntos obtidos na avaliación dos méritos. A puntuación máxima será de cen puntos.
3. A Comisión de Valoración examinará as solicitudes presentadas e avaliará os méritos acreditados documentalmente, conforme o seguinte baremo:
Formación | Máximo 80 puntos | |||||||||||||||||||
Mestrado ou doutorado universitario en turismo (máximo 20 puntos) | – 10 puntos por cada mestrado ou doutorado universitario en materia de turismo. | |||||||||||||||||||
Outras titulacións distintas do título co que concorre á bolsa (máximo 20 puntos) | – Por estar en posesión doutras titulacións universitarias de licenciatura ou grao: 5 puntos por cada titulación, ata un máximo de 10 puntos. – Por estar en posesión doutros títulos de formación profesional de grao superior en materia de turismo: 3 puntos por cada título, ata un máximo de 6 puntos. – Outros mestrados universitarios: 1 punto ata un máximo de 4 puntos. | |||||||||||||||||||
Formación complementaria (máximo 20 puntos) | – Por cada curso de formación en materia de turismo cunha duración mínima de 30 horas: 0,05 puntos por cada hora de formación. Para estes efectos, non se valorarán as materias que formen parte do plan de estudos dunha titulación académica nin os cursos que non acrediten as horas lectivas. | |||||||||||||||||||
Idiomas (máximo 20 puntos) |
As puntuacións por niveis dunha mesma lingua non son acumulativas. |
Todos os méritos recollidos neste artigo computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación das solicitudes.
4. Entrevista persoal. Máximo 20 puntos.
Na entrevista valoraranse a capacidade de resposta, madurez, motivación e iniciativa das persoas candidatas e os coñecementos sobre os seguintes puntos:
– Historia e xeografía de Galicia, patrimonio cultural galego, recursos e produtos turísticos de Galicia (máximo 10 puntos).
– Defensa do curriculum vitae e motivación persoal (máximo 10 puntos).
A Comisión de Valoración poderá formular preguntas en lingua inglesa.
A concorrencia á entrevista persoal é obrigatoria. As persoas candidatas que non se presenten á entrevista quedarán automaticamente eliminadas do procedemento de selección. No caso de ser necesario, poderase realizar a entrevista persoal por videoconferencia.
Para acceder a unha das bolsas convocadas, será necesario acadar unha puntuación mínima de 5 puntos na entrevista.
Bases:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240318/AnuncioG0256-080324-0001_gl.html
Máis información:
https://www.turismo.gal/espazoinstitucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios?langId=gl_ES
O teléfono 981 54 74 06 ou o enderezo electrónico proxectos.turismo@xunta.gal
Presencialmente: Axencia de Turismo de Galicia, Área de Calidade e Proxectos Europeos; estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela.