• Inicio
  • Novas
  • Convocatoria 2 bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica para Valdedor do Pobo

Convocatoria 2 bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica para Valdedor do Pobo

24/10/2023
 RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2023 pola que se convocan dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica neste organismo.

Requisitos

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que acrediten reunir todos os seguintes requisitos:

• Nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais, lles sexa aplicable a libre circulación de persoas.

• Ser persoas con discapacidade psíquica (por mor de enfermidade mental) nun grao igual ou superior ao 33 %.

• Non ter bolsa ou práctica remunerada dalgunha Administración pública no último ano.

• Ser maior de 18 anos.

• Ter un coñecemento do galego como idioma propio de Galicia cun nivel Celga 4 ou equivalente.

As persoas en que concorran discapacidade intelectual e psíquica só se poderán presentar a unha das convocatorias do ciclo de dous anos en que se fagan ambas, é dicir, dentro dos dous anos en que se dean de forma sucesiva ambas as convocatorias, poderán presentarse á de discapacidade psíquica ou á de discapacidade intelectual, pero non ás dúas.

Duración

As bolsas terán a duración dun ano, desenvolveranse de forma simultánea e non poderán ser prorrogadas.

Ao finalizar, entregarase un certificado acreditativo.

Prazo de presentación.

O prazo de presentación será de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis información Valedor do Pobo e nas seguintes bases:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231024/AnuncioG2022-161023-0001_gl.html

AnteriorIr ao listadoSeguinte