• Inicio
  • Novas
  • CONVOCATORIA 14 BOLSA DE FORMACIÓN PRÁCTICA NAS OFICINAS DEPENDENTES DA AXENCIA GALEGA DE TURISMO

CONVOCATORIA 14 BOLSA DE FORMACIÓN PRÁCTICA NAS OFICINAS DEPENDENTES DA AXENCIA GALEGA DE TURISMO

16/03/2023
 RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes desta axencia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TU981A).

Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Nacionalidade: ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea.

b) Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, dalgún dos seguintes títulos: grao en Turismo; mestrado relacionado con turismo; técnico superior en Guía, Información e Asistencia turísticas; técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos. Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2018.

c) Idiomas:

c.1) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.

c.2) Inglés: deberase achegar certificado B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas ou superior, ou acreditación oficial de nivel equivalente ao B1 ou superior. De consideralo necesario, a Comisión de Valoración poderá realizar unha proba oral para a comprobación do nivel de idioma.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2023 cunha duración máxima de 6 meses, contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira que será, previsiblemente, o 1 de xuño de 2023.


Información ás persoas interesadas

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia de Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web oficial da Axencia de Turismo de Galicia:

http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios

b) No teléfono 981 54 25 67 ou no enderezo electrónico proxectos.turismo@xunta.gal

c) Presencialmente: Axencia de Turismo de Galicia, Área de Calidade e Proxectos Europeos, estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela.

2. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas relacionadas coa presentación de formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no correo electrónico 012@xunta.gal

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230316/AnuncioG0256-100323-0001_gl.html

 

AnteriorIr ao listadoSeguinte