PLAN LABORA 2020 A GUARDA: DOCENCIA DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO
• Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
• Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
• Persoas maiores de 55 anos
• Persoas con discapacidade
• Inmigrantes
• Minorías étnicas e comunidades marxinadas
• Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
• Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais
Para participar no proceso de selección é necesario facer a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=72018166&siacode=2148482)
Para mais información pode poñerse en contacto no teléfono: 986804100 ( ext 40846-40854) ou no e-mail labora2020@depo.es