Ofertas de emprego

PORREMPREGO O Grove-Vigo-Pontevedra
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 15/06/2023
Solicítase un frigorista para realizar instalacións e reparacións de climatización e frío industrial. Incorporación inmediata .Contrato indefinido. Xornada Continua de luns a xoves de 8:00-16:30 e venres de 8:00-14:00. Requisitos: carné de conducir e vehículo propio, ciclo medio de montaxe e mantemento industrial.
PORREMPREGO O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 05/06/2023
Solicítase unha auxiliar de enfermería para unha residencia de maiores situada en Tomiño. As tarefas a desempeñar son coidados das persoas maiores residentes. Data de incorporación 31 de xulio. Contrato temporal de 3 meses (substitución de vacacións). Xornada laboral rotativa. Salario segundo convenio. Requisitos fundamentais para presentarse á oferta: posuír Ciclo de Auxiliar de Enfermería ou Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria en Institucións. Experiencia laboral previa valorable pero non imprescindible.
PORREMPREGO Mos
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Indefinido 10/05/2023
Solicítase un/ha xerocultor/a para una residencia de persoas maiores situada en Mos. Incorporación inmediata. Requisitos: Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria ou Ciclo de Auxiliar de Enfermería. Xornada laboral a quendas rotativas. Unha semana pola mañá, con horario de 7.00 a 14.00, e outra pola tarde, con horario de 14.00 a 21.00. Xornada laboral de 36 horas semanais de traballo. Descanso 7 días ao mes e un domingo ao mes de maneira fixa.
1......678