¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Bolsa de Empresas

Que é?

Trátase dunha bolsa na que se integran as empresas do noso Concello e comarca, facilitando o acceso dos empresarios a tódolos servizos que gratuitamente ofrece a Concellaría, tales coma: selección de persoal, formación dos traballadores, asesoramento en materia de axudas e subvencións.

Asemade é un instrumento de enlace das ofertas e demandas na localidade do Porriño:
 
- Facilitarlles ás empresas que integren a bolsa o perfil de candidatos axeitado ó perfil concreto que elas demanden.
- Convenios de colaboración de formación con compromiso de contratación.
- Convenios de colaboración de prácticas tuteladas con o sen compromiso de contratación.


Para quen é?
Dirixida ó tecido empresarial co fin de crear unha rede de cooperación entre os distintos axentes económicos.


Cómo acceder?

As persoas interesadas deben indicalo na Concellería de Emprego, previa cita:

Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n.
Teléfonos: 986 338 217- 986 338 905
Email: administración@porremprego.org
De luns a venres de 08:30-14:30.