¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Rede CeMIT


 

Que son?

É un programa, desenvolto polo Concello e cofinanciado pola Xunta de Galicia, que ten como obxectivo promover o uso das novas tecnoloxías na poboación, en especial naqueles colectivos con meirandes dificultades; fomentar a formación entre os profesionais galegos; proporcionar plans formativos axeitados ás novas demandas tecnolóxicas, multimedia e audiovisuais; e dinamizar as pemes e micropemes.

 
Para quen?

Os diferentes servizos teñen como público obxectivo cinco colectivos: a cidadanía, na que se inclúen os desempregados, inmigrantes, mulleres, persoas con discapacidade e maiores; os profesionais das TIC, tanto ocupados como desempregados; as empresas, micropemes e autónomos; os empregados públicos e os axentes territoriais, colectivo que agrupa aos servizos municipais, asociacións civís, empresariais, Ongs, Anpas etc.

Máis información?

Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica (iMit).

Onde facer a solicitude?


As persoas interesadas deben indicalo na Concellaría de Emprego ou a través do Axente TIC en:
Multicentro de Torneiros. Riberia, s/n
Teléfono: 986 348 944
Email: centroneural@concellodoporrino.net