Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAEP)






Que é?


É un servizo público e gratuíto, promovido polo Concello, para facilitar a implantación de iniciativas empresariais xeradoras de emprego.


Que servizos ofrece?

Utiliza unha metodoloxía innovadora que mixtura o acompañamento presencial e virtual de autoconsulta, abarcando as diferentes etapas de desenvolvemento do proxecto:
- Asesoramento integral
- Axuda na tramitación e constitución da empresa
- Apoio na elaboración do proxecto empresarial
- Información das axudas e liñas de financiamento aplicables ó proxecto

 
Para quen?

Para todas aquelas persoas interesadas en poñer en marcha unha iniciativa de negocio.


Onde te podes informar?

Concellaría de Emprego e Formación
Multicentro do Concello do Porriño
Torneiros - Riveira s/n
36410 – O Porriño
Tlf.: 986 338 217
Email:axente.emprego@oporrino.org
De luns a vernes de 9.00 a 14.00 h.