¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS PARA ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUCTOS VITIVINÍCOLAS

28/12/2022
 ORDE do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023 (código de procedemento MR361A).

Concederase apoio financeiro aos investimentos materiais e inmateriais en instalacións de transformación e infraestruturas vinícolas, así como en estruturas e instrumentos de comercialización, mesmo co fin de mellorar o aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global e os procesos sustentables.

Poderán ser beneficiarias da intervención de investimentos:

a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos contemplados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comecen esa produción ou comercialización. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) As organizacións de produtores vitivinícolas recoñecidas conforme ao artigo 152 do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, e as súas asociacións.

c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013. As asociacións deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

d) As organizacións interprofesionais.

e) As organizacións profesionais.

As solicitudes presentaranse ante a Consellería do Medio Rural, antes do 1 de febreiro de cada ano.


https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221227/AnuncioG0426-211222-0004_gl.html


 

 

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>