¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Medidas adoptadas polo Goberno para aliviar a situación das persoas traballadoras por mor do Covid 19

13/04/2020
MEDIDAS ADOPTADAS POLO GOBERNO PARA ALIVIAR A SITUACIÓN POLO COVID 19 PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS

1. Estableceranse sistemas de organización que permitan manter a actividade mediante mecanismos alternativos coma o teletraballo.

2. As persoas traballadoras por conta allea que acrediten deberes de coidado respecto do cónxuxe ou parella de feito ou familiares ata o segundo grao terán dereito a acceder á adaptación da xornada laboral e/ou á redución cando concorran circunstancias excepcionais relacionadas coas actuacións necesarias para evitar a transmisión comunitaria do Covid 19, por exemplo, o peche das escolas.

3. As medidas están suxeitas a que as empresas se comprometan a manter o emprego durante o prazo de 6 meses dende a data da continuación da actividade.

4. Terán dereito a un subsidio de desemprego excepcional por fin de contrato temporal as persoas traballadoras que finalizaran un contrato de duración determinada de mínimo dous meses de duración, despois do decreto do estado de alarma, e non teñan a cotización necesaria para acceder a outro tipo de prestación ou subsidio. A duración será dun mes ampliable por lei.

5. Asimilarase á situación de Incapacidade Temporal as persoas que teñan o seu traballo noutra localidade diferente daquela na que residen e teñan que levar a cabo unha actividade esencial pero que non poidan desprazarse porque a autoridade competente denegouno, non poden realizar o seu traballo mediante teletraballo e non perciben outra prestación pública.

6. Durante o estado de alarma o subsidio por coidado de menores afectados por cáncer ou outra enfermidade grave que perciban as persoas traballadoras non se verá afectado, polo tanto este subsidio será compatible coa prestación por desemprego.

7. Contratación temporal de traballadores/as agrarios mediante medidas extraordinarias de flexibilización do emprego para garantir o mantemento da actividade agraria. Poderán ser beneficiarios/as:

a. Persoas en situación de desemprego ou cese de actividade.

b. Traballadores/as afectados por un ERTE.

c. Traballadores/as migrantes cuxo permiso de traballo finalice entre o 14 de marzo e o 30 de xuño de 2020.

d. Xente nova de terceiros países, entre 18 e 21 anos, que se atopen en situación irregular.

Será necesario que as persoas beneficiarias vivan preto do posto de traballo e as retribucións serán compatibles co:

a. Subsidio por desemprego dos traballadores/as agrarios.

b. Prestacións por desemprego por causa dos ERTES motivados polo Covid 19.

c. Prestación por cese de actividade por causa do Covid 19.

8. No prazo de 6 meses dende a entrada en vigor do RD 463/2020 de 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma as persoas que teñan plans de pensións (de previsión asegurados, de previsión social empresarial e mutualidades de previsión social) poderán recuperalos nos seguintes casos e os seguintes límites:

a. Atoparse en situación legal de desemprego como consecuencia dun ERTE derivado da crise sanitaria do Covid 19 co límite dos salarios que se deixaran de percibir mentres se manteña o ERTE.

b. Ser empresario/a titular de establecementos que vira a súa actividade suspendida pola dita crise co límite dos ingresos netos estimados deixados de percibir mentres se manteña a suspensión.

c. Persoas autónomas que cesaran a súa actividade pola mesma causa co límite dos ingresos netos estimados deixados de percibir pola crise sanitaria.

TRABALLADORES/AS DO FOGAR:

Terán dereito ao subsidio extraordinario por falta de actividade as persoas que estiveran dadas de alta no Sistema Especial de empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social antes de que se declarara o estado de alarma e que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

1. Deixaran de prestar o seus servizos, total ou parcialmente, temporalmente, co fin de reducir o risco de contaxio por causas do Covid 19.

2. Fosen despedidas por motivo do Covid 19.

Esta situación deberase acreditar cunha declaración responsable da persoa empregadora ou coa carta de despido, no caso.



Fontes:
RD 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19. https://bit.ly/2K1Ylre
RD-L 7/2020, de 12 de marzo, por el que se adoptan medidas urgentes para responder al impacto económico del COVID-19. https://bit.ly/3egMYtb
RD-L 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19. https://bit.ly/2JRO5BE
RD-L 11/2020, de 31 de marzo, por el que se adoptan medidas urgentes complementarias en el ámbito social y económico para hacer frente al COVID-19. https://bit.ly/3ef1FgE
RD-L 13/2020, de 7 de abril, por el que se adoptan determinadas medidas urgentes en materia de empleo agrario. https://bit.ly/2VnUqKH
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>