Axencia de colocación autorizada co nº 1200000055 polo Sistema Nacional de Emprego
  • Oficinas do Servizo de Emprego do Concello do Porriño.

  • As nosas instalacións: aula de atención socio-sanitaria.

  • As nosas instalacións: aula de atención socio-sanitaria.

  • As nosas instalacións: aula de perruquería.

  • As nosas instalacións: aula de informática.

  • As nosas instalacións: aula de cociña.

  • As nosas instalacións: aula de cafetería.

PORREMPREGO é un servizo municipal do Concello do Porriño, público é gratuito, a través do cal se levan a cabo accións de información, orientación e búsqueda de emprego de forma persoalizada.
Teléfono: 986 338 217

ÚLTIMAS OFERTAS DE EMPREGO
Oferta 122/26 Oferta activa
Coordinación de Seguridad y Salud Vigo-Pontevera
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 16/09/2026
Empresa especializada en seguridade e prevención busca incorporar unha persoa para a Coordinación de Seguridade e Saúde en obras da zona de Vigo e Pontevedra, encargándose da supervisión das condicións de traballo, o cumprimento da normativa de seguridade e saúde, a coordinación dos diferentes axentes implicados, a elaboración de Plans de Seguridade e informes e o seguimento de incidencias. Requírese titulación en Enxeñaría, Enxeñaría Técnica, Arquitectura ou Arquitectura Técnica, Máster de Técnico/a Superior en PRL nas tres especialidades, carné de conducir tipo B e vehículo propio. Valorarase experiencia mínima dun ano en funcións similares. Ofértase contrato indefinido a xornada completa, con incorporación inmediata, posibilidade de teletraballo e salario de 23.000 a 27.000 € brutos anuais.
Oferta 119/26 Oferta activa
Almacenero O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 14/09/2026
Procuramos 1 almacenero, que se faga cargo da recepción, verificación e rexistro dos meteriais, e ademáis que faga a xestión do stock do almacén. Data de incorporación: o antes posible, tipo de contrato: indefinido, xornada laboral: partida, de 8:00 - 13:00 e de 14:00 - 17:00. Requisitos: ter o certificado de prevención de risgos laborais de 20 h de operarios de almacén, ter o curson de ponte gúa e de carretilla elevadora ter unha experiencia de 3 anos no posto, ter bó nivel de inglés, ter carné de conducir e vehículo propio.
Oferta 117/26 Oferta activa
Operario/a de limpieza O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal (2 semanas) 11/09/2026
Procuramos 1 operario de limpeza, que sexa o encargado de limpar as consultas, as zonas comúns, de desinfectar os aseos, e de manter a orde e a hixiene das instalacións. Data de incorporación: 16/09/2026, tipo de contrato: temporal (2 semanas), horario: de luns a venres (18:30 - 22:00). Requisitos: posuir o certificado de discapacidade do 33% ou máis, e ter 1 ano de experiencia no posto.
Oferta 118/26 Oferta activa
Operario/a de limpieza O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 11/09/2026
Procuramos 1 operario de limpeza que sexa o encargado da limpeza dos espacios e superficies , e que se faga cargo das instalacións. Data de incoporación: inmediata, tipo de contrato: temporal, horario: 15:00 - 17: 20. Requisitos: ter un certificado de discapacidade de un 33% ou máis, e ter 1 ano de experiencia no posto.
Oferta 114/26 Oferta activa
Auxiliar de axuda no fogar O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 07/09/2026
Procuramos 1 auxiliar de axuda no fogar que sexa responsable da realización de tarefas de carácter persoal, incluíndo o apoio no aseo na cama e nas mobilizacións da persoa usuaria, así como outras actuacións relacionadas coa atención e coidado persoal. Tamén realizará tarefas de carácter doméstico orientadas a garantir o benestar e as condicións adecuadas no domicilio. Data de incorporación: inmediata, Tipo de contrato: temporal, horario: 08:00 - 15:00. Requisitos: posuir o certificado profesional, ter o carné de conducir e vehículo propio.
Oferta 115/26 Oferta activa
Auxiliar de axuda no fogar O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 07/09/2026
Procuramos 1 auxiliar de axuda no fogar que sexa a responsable de prestar apoio no aseo e no levantamento da persoa usuaria, así como de facilitar a realización das actividades básicas da vida diaria, promovendo, na medida do posible, a súa autonomía e benestar. Tamén prestará apoio nas tarefas relacionadas coa alimentación e colaborará na realización das tarefas domésticas básicas necesarias para manter un contorno adecuado, seguro e confortable. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal, horario: de luns a venres, e domingos, de 09:30 - 11:30 e de 12:00 - 14:00. Requisitos: posuir o certificado de profesionalidade, ter o carné de conducir e vehículo propio.
Oferta 116/26 Oferta activa
Montador de estructuras metálicas O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Indefinido 07/09/2026
Procuramos 2 montadores de estructuras metálicas que se encarguen das seguintes funcións montaxe de estruturas metálicas para invernadoiros, así como o montaxe e instalación de sistemas de rega en invernadoiros, viñedos ou plantacións de aguacates. Tamén se realizarán traballos básicos de albanelería, como cimentacións e colocación de bloques ou ladrillos. Ademais, o posto inclúe a recollida, preparación e carga de pedidos de materiais, tanto no propio almacén da empresa como nas instalacións dos provedores. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: inedifinido, horario: de luns a venres 08:00 - 13:00 e de 15:30 - 18:30. Requisitos: ter carné de conducir e vehículo propio.
Plan Municipal de Emprego
Acometemos un novo período polo fomento do emprego

Tres grandes áreas de traballo: desenvolvemento local, inserción laboral formación, dirixido a retornar a senda do crecemento, o emprego e a prosperidade da vila.

Autoemprego
Servizo de asesoramente a emprendedores (SAEP)

Servizo público e gratuíto, promovido polo Concello do Porriño, para facilitar a implantación de iniciativas empresariais xeradoras de emprego.

Directorio de empresas
Empresas adscritas ao servizo de emprego de Porremprego

No directorio de empresas atópanse as empresas adscritas ao servizo de emprego do Concello de Porriño.
Se tes unha empresa e queres adscribirte, entra aquí.

Renovación de tarxeta
Renova a túa tarxeta de demandante de emprego do Concello

Para renovar a súa tarxeta previamente ten que haberse dado de alta na oficina de emprego do concello de Porriño, e debe ser renovada alomenos cada 3 meses.

Sube o teu video curriculum
Sube un vídeo explicativo do teu CV á nosa bolsa de emprego

Para poder subir o vídeo curriculum tes que estar dado de alta como usuario no servizo de emprego da Oficina Municipal de Emprego de Porriño. Inscríbete no servizo nesta mesma web.

Xera o teu curriculum
Axudámoste a redactar o teu curriculum vitae

Cubre os datos que te pedimos, selecciona a plantilla que desexas e descarga o documento xerado co teu curriculum vitae, listo para entregar nas túas solicitudes de emprego.