Oficinas do Servizo de Emprego do Concello do Porriño.
PORREMPREGO é un servizo municipal do Concello do Porriño, público é gratuito, a través do cal se levan a cabo accións de información, orientación e búsqueda de emprego de forma persoalizada.
Teléfono: 986 338 217
ÚLTIMAS OFERTAS DE EMPREGO
Oferta 135/26
Oferta activa
Barnizador-lacador O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 23/10/2026
Procúrase barnizador/a-lacador/a de madeira para cubrir unha vacante. A persoa seleccionada encargarase de realizar tarefas de lacado e barnizado de pezas de madeira. Valorarase ter experiencia previa en postos similares. O contrato será indefinido, cunha incorporación inmediata e unha xornada laboral continua, en horario de 7:00 a 15:00 horas. A retribución será a establecida segundo o convenio da construción. Será necesario dispoñer de carné de conducir para desprazarse ata o lugar de traballo.
Oferta 131/26
Oferta activa
Montador de neumáticos O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 19/10/2026
Procuramos 1 persoa que se encargue de montar os neumáticos nun taller.
Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal (3 meses), horario: 16:00 - 20:00.
Oferta 133/26
Oferta activa
Peón construción O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Temporal 15/10/2026
Procúranse dúas persoas como peóns de obra para realizar tarefas de apoio nos traballos de construción. As persoas seleccionadas colaborarán nas distintas tarefas propias da obra, coa oportunidade de aprender e adquirir experiencia no sector. Valórase especialmente as ganas de traballar, interese por aprender e disposición para colaborar co equipo. A incorporación será inmediata e o contrato será temporal, vinculado á duración da obra, cunha duración estimada de entre 3 e 6 meses. A xornada será continua e o salario axustarase ao convenio colectivo correspondente.
Oferta 130/26
Oferta activa
Operario de fábrica de transformación de granito O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal e indefinido 09/10/2026
Procuramos 1 operario/a para unha fábrica de transformación de granito, cuxas funcións principais serán a posta en marcha, o funcionamento, o control e a alimentación da maquinaria, así como o manexo e a supervisión da máquina de corte e dos equipos de elevación. Así mesmo, encargarase da supervisión do proceso produtivo e da realización das tarefas xerais propias do posto de operario/a de produción.
Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal + indefinido, duración del contrato: 6 meses + 6 meses + indefinido, xornada laboral: a quendas e horario: 06:00 - 14:00, e de 14:00 - 22:00.
Requisitos: ter a titulación da E.S.O., e ter 18 anos ou máis.
Oferta 127/26
Oferta activa
Conductor/a de autobús O Porriño
Nº de postos: 20 | Tipo de contrato: Fixo-discontinuo 05/10/2026
Procuramos 20 conductores de autobús para realizar servizos escolares, excursións e servizos discrecionais.
Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: fixo discontinuo, xornada laboral: partida, horario: 07:00 - 09:00 e 13:00 - 16:00.
Requisitos: ter 1 ano ou máis de experiencia no posto e ter o CAP e tarxeta de tacografo.
Oferta 126/26
Oferta activa
Especialista en limpeza industrial Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 01/10/2026
Procuramos 1 especialista de limpeza industrial que se encargue dá limpeza de liña de pintura por electrodeposición, dá limpeza dá depuradora de augas industriais procedentes dá liña de de pintura, e dá limpeza de forno curado.
Data de incorporación: 05/11/2026, tipo de contrato: indefinido, xornada laboral: continua, horario: sábado e domingo (06.00 - 14.00).
Requisitos: carné profesional en traballos de altura e espazos confinados, recurso preventivo, experiencia valorable, e carné de conducir e vehículo propio
Oferta 121/26 Carretilleiros
Oferta activa
Carretilleiros Vigo-Valladares
Nº de postos: 3 | Tipo de contrato: Fixo-discontinuo 16/09/2026
Empresa do sector da loxística de automoción busca incorporar tres persoas para desempeñar o posto de carretilleiro/a no Polígono Tecnolóxico de Valladares. As persoas seleccionadas realizarán as tarefas propias de mozo de almacén con carretilla, sendo necesario contar con experiencia no manexo de carretilla frontal, valorándose tamén o coñecemento no manexo de carretilla retráctil. Requírese estar en posesión do diploma ou carné de carretillero/a conforme á normativa UNE e asinado por un técnico/a de Prevención de Riscos Laborais, así como dispoñibilidade para traballar en quendas de mañá, tarde, noite e fins de semana. Será necesario contar con dispoñibilidade inmediata, carné de conducir tipo B e vehículo propio, así como estar en posesión do título da ESO. A incorporación será inmediata, cun contrato de tipo 300 fijo-discontinuo. O salario será de 10,76 brutos por hora.

















