¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

CONVOCATORIA AXUDAS MOBILIDADE XUNTA DE GALICIA

08/01/2024
Complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2023/24
 ORDE do 15 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2023/24 en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Erasmus+ (código de procedemento ED417A).


Requisitos das persoas solicitantes

1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2023/24 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

b) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos, en países que teñen a condición de países do programa, con autorización da universidade de orixe, e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.

c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

2. Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún do que é nacional.

3. Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.

Artigo 4. Duración e contía das axudas

1. O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2023/24.

2. As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de dous meses nos países que teñen a condición de países do programa.

3. As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países que teñen a condición de países do programa Erasmus+:

a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.

b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.

c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.

Máis información: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240102/AnuncioG0655-151223-0001_gl.html
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>