¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

CONVOCATORIA 2023 PROBA OBTENCIÓN TÍTULO BACHARELATO PARA MAIORES DE VINTE ANOS

15/02/2023
 RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2023.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2022/23.

Prazo, lugar e forma de presentación de solicitudes de inscrición

1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2023.

2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou de un deles.

Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:

a) EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.

b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

c) EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

d) EPAPU de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

e) EPAPU Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

f) EPAPU Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230214/AnuncioG0655-030223-0002_gl.html

 

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>