¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

8 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA TITULADOS UNIVERSITARIOS NO PARLAMENTO DE GALICIA

15/02/2023
 RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2023 pola que se anuncian a convocatoria e as bases para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 6 de febreiro de 2023, acordou aprobar as bases da convocatoria para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:

1) Oito bolsas individuais para contribuír á formación en prácticas de persoas con titulación universitaria, nas seguintes modalidades:

a) 2 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

b) 2 bolsas de formación en comunicación institucional.

c) 2 bolsas de formación en publicacións.

d) 1 bolsa de formación en recursos humanos e contratación.

e) 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.

2) Unha bolsa destinada a persoas con discapacidade intelectual igual ou superior ao 33 %, con titulación universitaria ou formación profesional, para contribuír á súa formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>