¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Perrucaría: Peiteados, Recollidos e Marcados

25/05/2012
Programa Aula Concello
A Concellería de Emprego e Formación informa da celebración dunha segunda edición do Curso de Perrucaría. A partires do vindeiro luns día 4 de xuño dará comezo a Acción Formativa de Perrucaría, que se impartirá nas instalacións do Multicentro de Torneiros homologadas para dita formación, e por un período dun mes, ata o 22 de xuño, completando un total de 80 horas de formación. Os usuarios da Bolsa de Emprego que participen desta acción poderán ao final da mesma realizar todo tipo de marcados, peiteados e recollidos.

Todos os Cursos pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún en concreto e todavía non pertence ao Sevizo, non o dubide e achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro de Torneiros, e lle informaremos de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>