¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

PLAN LABORA 2020 A GUARDA: DOCENCIA DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

18/01/2022
Data de inicio: 02.02.2022 Data fin: 22.06.2022 2022 Horario: 15:30 a 20:30 Lugar: INFORMÁTICA JAIME, Rúa Galicia, 37 – baixo A Guarda Axuda económica: para aquelas persoas que non teñan ingresos individuais de calquera natureza iguais ou superiores ao 75% do IPREM e asistan ao 90% da formación.
 Dirixido a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, con titulación de bacharelato e que se atopen incluídas nalgún dos seguintes colectivos:

• Persoas desempregadas de longa duración (PLD)

• Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)

• Persoas maiores de 55 anos

• Persoas con discapacidade

• Inmigrantes

• Minorías étnicas e comunidades marxinadas

• Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.

• Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

 

Para participar no proceso de selección é necesario facer a preinscrición na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal/web/public/catalog/catalog-details.xhtml?idbduacproceduretype=72018166&siacode=2148482)

 

Para mais información pode poñerse en contacto no teléfono: 986804100 ( ext 40846-40854) ou  no e-mail labora2020@depo.es

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>