¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS CLASES B E C PARA AS PERSOAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL DE GALICIA

11/06/2020

O importe da axuda será de 400€ para a obtención do permiso de conducir de clase B e de 650€ para o permiso de clase C.

Poderán solicitar as axudas as persoas novas que cumpran cos seguintes requisitos:

·         Ter cumpridos os 18 anos (21 anos para o carné de clase C).

·         Estar empadroadas en Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

·         Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil de Galicia.

·         Estar matriculadas nunha autoescola de Galicia no momento de facer a solicitude ou ter os permisos para os que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia co código de procedemento BS321A. Tamén se poderá presentar de xeito presencial co formulario dispoñible, en calquera dos rexistros e lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Haberá que aportar copia do permiso de condución expedido a partir do 1 de xaneiro de 2020 ou xustificante de matrícula nunha autoescola no momento de presentar a solicitude.

Máis información no: https://bit.ly/2UAOle7

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>