¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

1º Feirón do Emprego e a Formación do Porriño

14/10/2011
Concellaría de Emprego e Formación
O vindeiro 27 e 28 de outubro, o concello do Porriño acollerá a súa 1ª edición do Feirón do Emprego e formación, organizado pola Concellaría de Emprego en colaboración con diversas empresas e institucións.

O longo de dúas xornadas efectuarase unha posta en común de tódos aqueles aspectos que inciden no proceso de búsqueda de emprego, a efectos de lograr un maior achegamento entre desempregados e empresas de distintos sectores establecidos na nosa comarca.

a súa segunda sesión incluirá ademais a celebración dunha Feira de Stands na que as empresas interesadas darán a coñecer as súas políticas de reclutamento, recollendo in situ o currículo vitae de todas aquelas persoas interesadas.

Ver programa
Empresas Participantes
Localización

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>