¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Xornadas e Obradoiros de Xuventude nos Concellos

05/10/2011
Programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño presenta as "Xornadas e Obradoiros de Xuventude nos Concellos" pertencentes ao Programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a través do cal están programadas dúas Actividades Formativas:

 
Obradoiro de Orientación Laboral


DATA:  luns 7 de novembro de 2011 ás 19:00 horas
DESTINATARIOS:  Preferentemente desempregados do Concello do Porriño (mínimo 10 persoas). A partir dos 16 anos. Prazas limitadas.
CONTIDO: Autoevaluación do condidato: análise DAFO; Mercado laboral Xuvenil: posibles nichos de emprego; Medios para atopar emprego. Programa EMPRENDE da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado; Curriculum Vitae: modelos; Carta de presentación; A entrevista de traballo.Lugar: Centro Cultural Municipal do Porriño.
DURACIÓN: 2 horas.



Obradoiro  de Técnicas de oratoria e comunicación

DATA, Luns 14 de novembro de 2011 ás 19:00 horas
DESTINATARIOS: Preferentemente desempregados do Concello do Porriño (mínimo 10 persoas). A partir dos 16 anos. Prazas limitadas.
LUGAR: Centro Cultural Municipal do Porriño.
DURACIÓN: 2 horas.
CONTIDO: Presentación; Preparación do Discurso; Transmitir ideas; Comunicación non verbal; Parte práctica: Xuego das Novelas, Xogo da Improvisación, Lectura de discursos;  Conlusións e Presentación de Xuventude.net


Información e inscricións:

OMIX do Concello do Porriño
Centro Cultural Municipal
Domingo Bueno, 9
Tlf: 986 337 624
e-mail: omix@centroculturalporrino.com
De luns a venres de 09:00h ata 21:00h



<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>