¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Liña de axudas para empresas e emprendedores

13/06/2011

O CONCELLO DO PORRIÑO CREA UNHA NOVA LÍÑA DE AXUDAS PARA EMPRESARIOS E EMPRENDEDORES

 

Despois de que este colectivo coñecese máis de cerca as instalaciones e servizos que se lles ofertan desde o Multicentro de Torneiros, o Concello preséntalles agora novas axudas co obxetivo de fortalecer o texido empresarial e crear sinerxias entre ambas partes para fomentar e xerar postos de traballo

 

 Será o próximo mércores, 15 de xuño, cando a Administración local manteña un encontro con empresarios e emprendedores, coincidindo ademáis coa visita ao Multicentro dos directores de Promoción do Emprego e de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, que comprobarán de primera man o funcionamento de todas as aulas do edificio nas cales se forman a diario máis de 200 porriñeses

  

O Porriño, 10 de xuño de 2011.- O Concello do Porriño, a través da Concellería de Emprego e Formación que dirixe M. Alejandro Lorenzo, continúa co seu obxetivo de axuda e colaboración co texido empresarial máis próximo coa finalidade de xerar emprego e riqueza para o municipio. Si fai unhas semanas empresarios e emprendedores porriñeses participaron na I Xornada de Portas Abertas Porremprego, na que pudieron coñecer máis de cerca as instalacións e servizos que desde o Concello se lles ofertan, agora a Administración local preséntalles unha nova liña de axudas para a posta en marcha e desenrolo de ideas empresariais que contribuian ao obxetivo do Goberno local de fortalecer o texido empresarial e crear sinerxias entre ambas partes para fomentar e xerar postos de traballo.

 

Será o próximo mércoles, 15 de xuño, cando o Multicentro de Torneiros sexa o escenario de presentación desta nova acción. Un acto ao que están invitados todos os empresarios e emprendedores porriñeses e que coincidirá coa visita de Andrés Hermida, director Xeral de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia e Ana María Díaz, directora Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, que acuden a Porriño despois de coñecer e valorar moi positivamente o novo Plan Municipal de Emprego. Na sua visita ao Multicentro de Torneiros poderán comprobar de primera man o funcionamento de todas as aulas do edificio nas cales se forman a diario máis de 200 porriñeses a través da posta en marcha de diferentes programas e políticas de emprego.


<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>