¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

CONVOCATORIA 2023 PROBA OBTENCIÓN TÍTULO GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS DE MAIO E SETEMBRO

14/02/2023
 RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).
 
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
 
1. Ter feitos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
 
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
 
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, nin nas de formación profesional básica.
 
4. O alumnado matriculado durante o curso 2022/23 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
 
4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
 

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican:

g) Pontevedra:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.

h) Vigo:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.

i) O Porriño:

– IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.

j) Tui:

– IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.

k) Vilagarcía de Arousa:

– IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias, de acordo co establecido no punto 2 da epígrafe décimo terceira desta resolución, só no caso de aspirantes que os superasen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Copia, se procede, da certificación académica de ámbitos ou materias superados, de acordo coas especificacións establecidas nos puntos 3 e 4 da epígrafe décimo terceira desta resolución.

c) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de solicitar a exención de lingua galega.

d) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

 

Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230213/AnuncioG0655-020223-0004_gl.html

 

 

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>