¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

PROCESO SELECTIVO 4 PERSOAS DESEMPREGADAS PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL CONCELLO DO PORRIÑO

17/06/2022
 Anuncio publicación perfil postos de traballo e criterios de selección recollidos nas bases reguladoras bases do Plan de Fomento da Empregabilidade na provincia de Pontevedra “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” nos concellos 2022/2023 e Anexo III, publicadas no BOPPO número 74 de data 19/04/22; para proceder á contratación formativa de 4 persoas desempregadas a xornada completa durante 12 meses para o Concello do Porriño.

 

En cumprimento da base décimo cuarta punto dous das bases da Deputación de Pontevedra que rexen o procedemento: “No caso de que a selección das persoas traballadoras non se leve a cabo mediante convocatoria pública, o perfil dos postos de traballo e os criterios de selección recollidos no Anexo III deberán publicarse na sede electrónica ou páxina web do concello con carácter previo á presentación da oferta na oficina do Servizo Público de Emprego do domicilio da entidade colaboradora. Deberase presentar unha por nivel de estudos e grupo profesional dentro de cada ocupación, segundo os seguintes principios xerais: a) Non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios establecidos nestas bases. b) En ningún caso poderá incluírse nin admitirse como mérito a experiencia laboral. c) Deberá expresar que as persoas deben estar inscritas no Servizo Público de Emprego como demandantes ou en mellora de emprego e os requisitos esixidos para a formalización dun contrato formativo. O ámbito de busca de emprego de cada concello non poderá superar o nivel provincial.”; procédese á publicación de:

 

1º. Perfil dos 4 postos de traballo, titulacións requeridas e prazo presentación :

 

Servizo municipal de  destino

POSTOS

POSTO

Servizo de Urbanismo

1

Enxeñeiro/a técnico/a

Servizo de Persoal

1

Técnico/a de administración xeral

Servizo de Emprego e Formación

2

Técnico/a de inserción laboral

 

- Un/ha Graduado/a en Enxeñería de obra pública ou civil, Enxeñería de camiños, canles e portos ou similar; con destino no servizo de Urbanismo.

 

- Un/ha Graduado/a en Xestión e Administracións Publicas, ADE, Economía ou Dereito; con destino no servizo de Persoal.

 

- Dous/dúas Graduados/as en Educación Social, Psicoloxía ou Socioloxía; con destino no servizo de Formación e Emprego.

 

Conceder o prazo de 4 días hábiles aos/ás candidatos/as preseleccionados/as polo SEPG para presentación da seguinte documentación por sede electrónica (https://oporrino.sedelectronica.gal ou presencial no rexistro municipal) e formalizar a súa solicitude de inscrición no proceso selectivo:

 

-        Copia de DNI ou NIE do/a candidato/a

-        Copia de Certificado de Vida laboral do/a candidato/a

-        Copia de Expediente académico da titulación obxecto da selección

-        Copia doutros títulos relacionados co contido da selección

-        Copia de Cursos de especialización, formación e perfeccionamento de centros oficiais relacionados co contido da selección

-        Copia do Título Celga para acreditar a competencia da persoa candidata en lingua galega

 

Declarando a urxencia do procedemento tendo en conta a data límite para formalización dos contratos o 1 de xullo de 2022 establecida no acordo da concesión da subvención.

 

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>