¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA AO OCIO NOCTURNO

18/06/2021
ORDE do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para os establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR471C). DOGA Nº 115 do 18/06/21.
 Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de axudas para os establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia afectados pola paralización da súa explotación económica como consecuencia das medidas adoptadas para a prevención e contención da evolución do brote de COVID-19.
As axudas concederanse por cada establecemento en que se exerza a actividade de lecer nocturno e, por tanto, a persoa ou entidade beneficiaria poderá ter máis dun establecemento con pleno dereito á axuda.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>