¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Liña de axudas "Porriño Impulsa"

15/04/2021
 O Concello do Porriño convoca axudas extraordinarias a traballadores/as autónomos/as, microempresas e pequenas empresas do Porriño afectadas pola crise sanitaria provocada pola pandemia do covid-19 - Liña de axudas "Porriño Impulsa".

Liña 1 - Gastos de alugueiro e gastos xerais do local comercial e amortización de préstamos.
Liña 2 - Gastos vinculados a implantación do comercio en liña.
Liña 3 - Gastos correntes derivados do cumprimento da normativa anti-covid-19.
Liña 4 - Mercadorías relacionadas coa actividade desenvolvida.

Importe da axuda:
- 1500€ para empresas afectadas polo peche total.
- 1200€ para empresas limitadas no horario de apertura o público ou que sufrisen perdas de polo menos o 30% (2019 - 2020)

Máis información na seguinte ligazón ou solicitando o asesoramento  da axente de desenvolvemento local.
Tlfn.. 986 338 217
axente.emprego@oporrino.org
 

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>