¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Información para persoas autónomas

15/04/2020
Dado o estado de alerta por mor do Covid 19 existen as seguintes medidas para as persoas autónomas

1. Aprazamento bonificado no pago de impostos

Existe unha flexibilización nos aprazamentos de impostos de 6 meses coa bonificación dos tipos de xuros equivalente a 3 meses. É necesario facer unha solicitude previa.
Poderase aprazar o ingreso das débedas tributarias correspondentes as declaracións – liquidacións e auto liquidacións cuxo prazo de presentación sexa ata o 30/05/2020 e cumpran cos requisitos demandados.

2. Prestación extraordinaria por cese de actividade

As persoas autónomas cuxas actividades queden suspendidas polas medidas adoptadas no Real Decreto ou cando a facturación no mes anterior ao que solicita a prestación se vexa reducida nun 75% en relación coa media de facturación do semestre anterior terán dereito a unha prestación extraordinaria por cese de actividade a cargo da Seguridade Social, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a. Estar afiliados e de alta na data da declaración do estado de alarma no RETA ou no Réxime do traballadores do mar.

b. Se a actividade non se ve directamente suspendida polas medidas adoptadas deberán acreditar a redución da facturación no 75% en relación coa efectuada no semestre anterior.

c. Estar ao corrente de pago nas cotas da Seguridade Social.

Esta prestación será do 70% da base reguladora e non terá que cotizar á Seguridade Social contando dito período como efectivamente cotizado. Será incompatible con calquera outra prestación da Seguridade Social e será dun mes aínda que se ampliará polo tempo que dure o estado de alarma.
A tramitación farase a través do Sistema Red.

3. Medidas de flexibilización dos procedementos de suspensión de contratos e redución da xornada (ERTEs) por causa de forza maior

Para axilizar estes procedementos, adóptanse as seguintes medidas:

a. As perdas de actividade por mor do Covid 19 terán a consideración de forza maior aos efectos da suspensión dos contratos ou a redución da xornada , se axiliza a tramitación dos ERTEs reducindo o prazo máximo a 5 días e a solicitude do informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social pasa a ser potestativa.

b. Axilízase tamén, a tramitación dos procedementos dos ERTEs por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción, pasando a 12 días o prazo máximo.

c. A empresa poderá presentar unha única solicitude polo conxunto dos traballadores afectados.

4. Liña de avais

Aprobación dunha liña de avais de financiamento concedida por entidades de crédito, establecementos financeiros de crédito, entidades de diñeiro electrónico e entidades de pago a autónomos para atender as necesidades derivadas da xestión de facturas, necesidade de circulante, necesidades de liquidez entre outras, a través do ICO.

5. Liña de financiamento para atender as persoas autónomas do sector turístico e actividades conexas afectados polo Covid 19

As persoas autónomas dedicadas as actividades encadradas nos sectores turísticos, así como o comercio e hostalería que estean vinculadas ao sector turístico, que xeren actividade produtiva nos meses de febreiro, marzo, abril, maio e xuño e que inicien ou manteñan en alta ditos meses a ocupación dos traballadores con contratos fixo descontinuo poderán aplicar unha bonificación eses meses do 50% das cotas empresariais á Seguridade Social por continxencias comúns, desemprego, FOGASA e FP de ditos traballadores, dende o 1/1/2020 ata o 31/12/2020.

6. Moratoria hipotecaria

Esténdese a moratoria hipotecaria de 3 meses as persoas autónomas que sufriran unha perda substancial dos seus ingresos ou unha baixada substancial na súa facturación de, polo menos, un 40%.
Estas condicións deberán acreditarse con documentación e unicamente no caso que non fose posible con documentos oficiais, poderá substituírse por unha declaración responsable.
Os abonos das cotas suspendidas faranse ao finalizar a suspensión, de maneira que o número de cotas da hipoteca se alargarán por igual período.

7. Moratoria nas cotizacións sociais e do pago da débeda á Seguridade Social para os persoas autónomas

A Tesourería poderá outorgar moratorias de 6 meses sen xuros as persoas autónomas que o soliciten e cumpran cos requisitos para o pago das súas cotizacións para o período de devengo de maio e xullo 2020 sempre que as actividades non se suspenderán por mor do Covid 19. A solicitude realizarase a través do Sistema Red.
As persoas autónomas, sempre que non teñan outro aprazamento en vigor, poderán solicitar o aprazamento no pago das súas débedas coa Seguridade Social cuxo prazo regulamentario de ingreso teña lugar entre os meses de abril e xuño 2020 cun xuro do 0,5%. As solicitudes deberanse efectuar antes dos dez primeiros días naturais do prazo de ingreso.

8. Aprazamento dos préstamos concedidos por comunidades autónomas e entidades locais

As persoas autónomas que sexan prestatarios de créditos ou préstamos financeiros cuxa titularidade corresponda a unha Comunidade Autónoma ou Entidade Local poderá solicitar o aprazamento do pago do principal e/o xuros para todo o 2020. Para isto é necesario que se vexan afectadas polas medidas adoptadas para paliar a crise sanitaria. Na solicitude se achegará toda a documentación necesaria e será concedida previo informe favorable da consellería ou concellería nun prazo máximo dun mes.

9. Diferentes préstamos e axudas

As persoas autónomas que tiveran determinados préstamos de EMPRENDETUR verán suspendidos os pagos dos xuros e amortizacións durante un ano.
As persoas beneficiaras de concesións de instrumentos de apoio financeiro a proxectos industriais poderán solicitar o aprazamento do pago principal e/o xuros sempre que o seu prazo de vencemento sexa inferior a 6 meses a contar dende a entrada en vigor do RD sempre que a crise sanitaria provocara períodos de actividade, redución do volume de vendas ou interrupcións no subministro que dificultaran ou impedisen o pago. Deberá solicitarse sempre antes de que finalice o prazo de pago en período voluntario e deberá ser estimada de forma expresa.

10. Participación en feiras

Devolución dos gastos non recuperables e cotas pagadas para a participación nas feiras ou outras actividades de promoción de comercio internacional convocadas polo ICEX cando sexan aprazadas ou canceladas. No suposto de aprazamento as persoas autónomas serán emprazadas á seguinte convocatoria. No suposto de cancelación se concederán axudas.
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>