¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Información ERTE para empresas

13/04/2020
Dado o estado de alerta por mor do Covid 19 existen as seguintes medidas para as empresas.

1. ERTE POR FORZA MAIOR (por causa do COVID 19)

O primeiro paso é a solicitude da empresa a través da sede electrónica e mediante procedemento TR820C acompañado dun informe relativo á perda de actividade motivada polo COVID 19 e a documentación acreditativa.
Igualmente haberá que presentar documentación que acredite que se fixo comunicación á representación legal, se existe, e se non hai, ás persoas traballadoras, a memoria xustificativa da causa da Forza Maior derivada do COVID-19 (art. 22 RD-Lei 8/2020) e a relación de persoas traballadoras afectadas (Anexo II).
O terceiro paso consiste en solicitar ao SEPE a prestación en nome das persoas traballadoras e deberá comunicar o número de expediente asignado pola autoridade laboral xunto co resto da documentación (art. 3 RD-L 9/2020) , enviando ao SEPE o modelo de ficheiro dispoñible na súa web (sepe.es), así como os certificados de empresa a través da aplicación Certific@2.
A autoridade laboral resolverá en 5 días dende a solicitude. (No suposto de que a solicitude á autoridade laboral se realizase por parte da empresa con anterioridade á entrada en vigor ao Real Decreto-Lei 9/2020 (vixente desde o 28 de marzo), o prazo de 5 días comezará a computarse desde esta data).
Finalmente, a autoridade laboral resolve constatando ou non a existencia de forza maior cun informe potestativo da Inspección de Traballo. A autoridade laboral enviará ao SEPE a súa resolución.

Pódese acceder directamente a través da seguinte ligazón: https://bit.ly/3e7ytYW

Infografía coa información: https://bit.ly/3c0ZwDf

2. ERTE POR CAUSAS ECONÓMICAS, TÉCNICAS, ORGANIZATIVAS OU DA PRODUCIÓN (motivado polo COVID 19)

O primeiro paso será a comunicación ás persoas traballadoras ou a súa representación legal da intención de iniciar o procedemento e de que se constitúa a Comisión negociadora do período de consultas.
Despois se constituirá a comisión negociadora representativa con participación do persoal. (art.23 RD-Lei 8/20) nun prazo máximo de 5 días.
O terceiro paso é a comunicación á autoridade laboral do inicio do procedemento a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (TR820A coa documentación). É potestativa a petición de informe á Inspección de Traballo. Entón ábrese o período de consultas cun prazo máximo de 7 dias.
O paso número cinco é a comunicación á autoridade laboral da decisión empresarial a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (TR820B). Nun máximo de 5 días despois de presentar a comunicación da decisión, a empresa deberá comunicar ao SEPE o número de expediente asignado pola autoridade laboral xunto co resto de documentación (art. 3 RD-Lei 9/2020) e enviará ao SEPE o modelo de ficheiro dispoñible na súa web (sepe.es), así como o certificado de empresa a través da aplicación Certific@2. No suposto de que a comunicación da decisión empresarial á autoridade laboral se producira con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto-Lei 9/2020, o prazo de 5 días para comunicar ao SEPE empezará a computarse desde esta data (o día 28 de marzo).
Unha vez instruído o expediente, a autoridade laboral remitirá ao SEPE a comunicación final da decisión empresarial e finalmente se notificará de maneira individualizada ás persoas traballadoras afectadas por parte da empresa.

O teléfono da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a axudar ás empresas na tramitación dos ERTE é 900 815 600 e o horario é de luns a venres, de 8h a 18h.

Solicitude a través da oficina virtual para o procedemento TR820A: https://bit.ly/34uyZfb

Solicitude a través da oficina virtual para o procedemento TR820B: https://bit.ly/2JK92yz

Infografía coa información: https://bit.ly/3c2zBea

Preguntas frecuentes sobre os ERTES: https://bit.ly/2UOYYKX

Información da páxina web da Xunta: https://bit.ly/34iNrXn
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>