¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Curso de Prevención en Riscos Laborais (Sector da Construcción)

10/05/2011
Programa Aula Concello
O vindeiro 23 de maio dará comezo o Curso de Prevención en Riscos Laborais para traballadores ou demandantes de emprego relacionados co Sector da Construcción. Dita Acción Formativa permitirá aos usuarios optar a Tarxeta Profesional da Construcción (TPC) de cumprir os requisitos axeitados. A modalidade combina formación presencial e a distancia.
 
Todos os Cursos pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún en concreto e todavía non pertence ao Sevizo, non o dubide e achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro de Torneiros, e lle informaremos de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>