¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Aberto prazo de inscrición para cursos do Concello do Porriño

16/08/2021
Entidade formadora: Concello do Porriño - Concellería de Formación e Emprego - Lugar impartición: Aulas Multicentro de Torneiros

O Concello do Porriño pon en marcha o Plan de formación municipal para o ano 2021 abrindo prazo de inscripción para os seguintes cursos que se van realizar no mes de setembro:

- Estacións de servizo

- Manipulador/a de alimentos

- Mozo/a de almacén

- Búsqueda activa de emprego (BAE)

- Básico de limpeza industrial

- Electromecánica básica       

Requisitos: estar empadroado/a no Concello do Porriño e estar desempregado/a. Deberán acreditarse documentalmente (volante de padrón ou similar, tarxeta demandante de emprego ou similar).

As solicitudes presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello do Porriño mediante o modelo oficial, debendo cubrir unha solicitude por curso.

No mes de setembro publicarase as datas de inicio dos cursos, as quendas, a súa duración e a listaxe de persoas admitidas.

Para máis información chamar ao teléfono 986 33 82 17

Modelo oficial solicitude

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>